|
SEAGA é unha sociedade pública, creada pola Administración Galega mediante o Decreto 260/2006 de 28/12/06 (DOG 18/01/07), para a realización, como medio propio da Administración Galega, e ao seu servizo, de todo tipo de actuacións, obras, traballos e prestación de servizos en materias forestais, especialmente as relacionadas coa prevención e loita contra os incendios forestais en particular e, en xeral, intervencións de carácter urxente relacionadas cos lumes forestais.
|
|