Política de privacidade

Protección de datos personais

A través da páxina web de SEAGA non se recolle ningún dato personal sen o seu coñecemento, nin se cenden a terceiros.

A sección contacto da web ten carácter meramente informativo, sen que, en ningún caso, poida derivarse da contestación efecto vinculante algún.

Esta páxina web non recolle nin almacena datos personais dos seus visitantes. Unicamente, coa finalidade de ofrecerlle o mellor servizo a través desta páxina, e co obxecto de facilitar o seu uso, pode analizarse o número de páxinas visitadas, o número de visitas, sí como a actividade dos visitantes da web, e a súa frecuencia de utilización.

A estos efectos, utilízanse os datos estatísticos elaborados pola empresa fornecedora de servicios de Internet da SEAGA.

Con esta información analízase a frecuencia de uso da web da SEAGA a partir dos datos de conexión, e as seccións mais visitadas. A SEAGA non utiliza cookies para recoller información dos usuarios a partir da súa páxina web nin rexistra as súas direccións IP.

Enlaces

Esta política de privacidade só é de aplicación á páxina web da SEAGA, non se garante nos accesos a través de ligazóns con este sitio, nin ás ligazóns desde este sitio con outras webs.