Inicio
Servizos
Ofertas de Emprego
Concursos
Outros enlaces
Contacto


 

Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos S.A. (SEAGA)

A Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) é unha Empresa Pública, adscrita á Consellería do Medio Rural, ao servizo da Administración Galega e que ten por obxecto a realización de todo tipo de:

  • Actuacións, obras, traballos e prestación de servizos en materias forestais, especialmente as relacionadas coa prevención e loita contra os incendios forestais en particular e, en xeral, aquelas actividades, obras e servizos que requiran as intervencións de carácter urxente, relacionadas coas devanditas materias.
  • Elaboracións, por iniciativa propia ou por instacia de terceiros, de estudos, plans, proxectos e calquera tipo de consultaría e de asistencia técnica e formativa en materia forestal e de prevención de incendios forestais.
  • Promocións, desenvolvemento e adaptación de novas técnicas, equipamento e sistemas para a prevención e xestión de situacións derivadas dos incencios forestais.
  • Actuacións, obras, traballos e prestación de servizos en materias agrícolas, gandeiras e de desenvolvemento rural que de forma taxativa lle sexan encomendadas pola Xunta de Galicia.
  • Comercialización dos productos derivados daquelas tarefas agrarias, gandeiras ou forestais, que con carácter determinado poida desenvolver por encomenda da Xunta de Galica.

 

Máis información


Diseñado por MeigaSoft S.L.